A Festa Popular do Meixón volverá a celebrar en Tui co gallo das Festas de San Telmo. A recuperación deste festexo gastronómico chega da man da iniciativa privada, o Parador de Turismo San Telmo, coa colaboración do Concello de Tui.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, asistiu esta mañá á presentación desta festa que correu a cargo do director do Parador, Francisco Plaza e do xefe de cociña deste establecemento, Miguel Rodríguez.
A cita será o domingo, 27 de abril, Domingo de San Telmo, entre ás 11.30h e ás 15h no Parador de Turismo San Temo de Tui. A ración de 100 gramos meixón terá un prezo de 32€, que en venda anticipada no propio Parador e nos cafeterías El Pilar e Boby, se reduce ata os 29€. O meixón será subministrado pola empresa Delicias do Miño. O público tamén poderánse degustar racións de carne ao caldeiro por 10€ e asemade tamén haberá polbo.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, explicaba esta mañá que a recuperación da Festa do Meixón era unha aspiración lóxica nunha cidade coma Tui moi vinculada con este produto de río. Salientou feito de que sexa a iniciativa privada, neste caso o Parador do que dixo é unha peza fundamental no turismo da cidade, quen se envorque nesta festa. O rexedor desexou que esta sexa a semente do renacemento deste festexo cunha nova organización e nova dirección acorde cos tempos actuais. Augurou amais Moisés Rodríguez, moito éxito á cita gastronómica do próximo 27 de abril xa que dicía “temos bo produto, bo sitio, e está preparado por profesionais”.
O director do Parador de Turismo San Telmo, Francisco Plaza, explicou coma a iniciativa xurdiu do propio persoal deste establecemento que están sempre tendo novas ideas para contribuír á dinamización e mantemento do Parador. Engadiu coma esta festa está moi arraigada na zona desexando que sexa un éxito.
Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador, comezou sinalando que o meixón é “o produto estrela da gastronomía galega” apostando por “pór en valor os produtos do Miño”. Apuntaba que esta festa popular “é un primeiro paso” que se pode completar no futuro cun festa exaltación dos distintos produtos do Miño
Sem comentários:
Enviar um comentário