Este domingo, 6 de abril, 300 participantes vanse dar cita na I Transgalaica BTT organizada polo Club Ciclista de la Fuente e Team Relay coa colaboración do Concello de Tui. Esta proba competitiva foi presentada esta mañá polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e o presidente do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher, xunto a outros membros do club.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, aludiu a importancia de continuar organizando actividades deportivas, e promocionando o deporte e que Tui “se convirta nun referente no mundo do deporte”. Tamén puxo de relevo a colaboración entre os clubs entidades, coma é neste caso a colaboración establecida entre os tres clubs ciclista da cidade. Lembrou tamén o premio Galicia Saudable concedido á Eurocidade polo seu traballo no ámbito deportivo.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, salientou coma “Tui está a un paso de converterse no epicentro da BTT” tras a celebración a pasada fin de semana da III Eurocidade BTT, a celebración este domingo da Transgalaica e nos próximos meses da BTT Aloia e do Big Ride Tui. Coa magnífica participación acadada nas probas até o momento Nicolás Lorenzo amosou o seu convencemento en que “este ano imos superar os 5 mil participantes nas probas deportivas da cidade”.
Dean Flechet, presidente do Club Ciclista de la Fuente, explicou que na I Transgalaica de BTT se darán cita 300 participantes de Galicia, Portugal, Asturias e Castela-León. Estarán competindo os mellores corredores galegos. A concentración de participantes realizarase a partir das 8.30h no Centro Cultural de Areas. A saída será ás 10h para realizar un percorrido de 64 quilómetros con dúas voltas ao circuíto establecido cun desnivel de 900 metros. O punto máis alto será o Monte Tetón pero o os ciclistas pasarán tamén polo río Furnia, Pexegueiro, ou Randufe. A entrega de premios está prevista para ás 13.45h
Sem comentários:
Enviar um comentário