Esta semana prosegue o II Ciclo de Xoves Intérpretes “Pai Rosendo Salvado” no Conservatorio Profesional de Tui con dous novos concertos na sala de audicións deste centro de ensinanzas musicais.
Mañá martes, 15 de abril, ás 20:30h actuarán de Jose Ramón Carvajal ao piano e Luís Miguel Fernandes Alves ao clarinete. O mércores, 16 de abril, ás 20.30h, será a quenda de Raúl Gómez ao clarinete e Eloy Carrera ao trombón. A entrada para os concertos é libre ata completar o aforamento.
Estes concertos encádranse no II Ciclo de Xoves Intérpretes “Pai Rosendo Salvado” organizado polo Concello de Tui co gallo do bicentenario do nacemento do bispo tudense que se cumpriu o pasado 1 de marzo .
Sem comentários:
Enviar um comentário