Este domingo a Catedral de Santa María de Tui acollerá a lectura do Pregón da Semana Santa tudense e o primeiro concerto que inicia o XX Ciclo Ibérico de Música Sacra.
Ás 18h monseñor Alberto Cuevas Fernández, párroco de Nosa Señora da Soidade de Vigo, dará lectura ao pregón da Semana Santa Actuará a contibuación Manuel Madarnás Pérez, alumno do Conservatorio Profesional de Música de Tui, quen ofrecerá unha actuación á trompeta xunto con J.Ramón Rodríguez Carbajal ao piano. Este acto está organizado pola Asociación de Amigos da Catedral de Tui, xuntamente co Cabido Catedral e coa Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia
Acto seguido, ás 19:15h inaugurarase o XX Ciclo Ibérico de Música Sacra, organizado pola Asociación Amigos da Catedral, cun concerto da Coral Polifónica de Beluso dirixida por José Ramón Portela Otera e que conta con 25 coralistas. O ciclo continuará con dous novos concertos o 4 de maio coa actuación do Coro da Cámara Gli Apasionatti, e o 10 de maio co Duo Fado.
A Coral polifónica de Beluso creouse en 1987 e participou desde entonces en numerosas misas solemnes, festivais, encontros e romarías corais en todo o territorio galego, sendo solicitada a súa participación por entidades tanto públicas coma privadas.
O Concello de Tui colabora así co Pregón da Semana Santa tudense ao mesmo tempo que patrocina o Ciclo Ibérico de Música Sacra para por en valor as celebracións vinculadas a Semana Santa de Tui e un elemento cultural tan importante e universal coma é a música.
Sem comentários:
Enviar um comentário