O alcalde de Tui e deputado provincial, Moisés Rodríguez, fixo entrega esta mañá ao presidente da cooperativa escolar Mister Shop do CEIP nº1 de Tui, Julián Alonso, do correspondente CIF tras a súa inscrición como Cooperativa Escolar. O rexedor estivo acompañado por Miguel Panette, técnico do proxecto EME Cooperanova da Deputación de Pontevedra, e da directora do centro, Cristina Novoa. Tamén asistiron os concelleiros José Ángel Villaverde e Nicolás Lorenzo.
Os 26 alumnos de 6º de primaria participan no proxecto EME Cooperanova promovido pola Deputación de Pontevedra coa colaboración da Consellería de Educación. Julián Alonso preside a xunta directiva elixida democraticamente entre o alumnado participante, que tamén organizou os distintos departamentos da cooperativa coma mercadotecnia, calidade do produto, imaxe da cooperativa, relacións públicas… En concreto Mister Shop elabora todos os seus produtos con material de refugallo coma botellas de plásticos, caixas de cartón ou tapóns creando flores, xoieiros, baleira petos, entre outros elementos nos que empregan a súa creatividade.
O 10% dos beneficios que obteñan na venda de produtos irán destinados a unha entidade de carácter social.
O alcalde, Moisés Rodríguez, felicitou ao alumnado pola súa participación nesta experiencia que cualificou de moi interesante.
Sem comentários:
Enviar um comentário