Tui-Valença traballan tamén na súa constitución como AECT
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, asistiron esta mañá na Eurocidade Chaves-Verín á constitución desta entidade transfronteiriza en Axencia Europea de Cooperación Territorial (AECT). O acto estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
A constitución coma Axencia Europea de Cooperación Territorial dota á Eurocidade Chaves-Verín de personalidade xurídica propia que lles permitirá aproveitar os instrumentos da UE, incluído o financiamento, así coma contratar actuacións e servizos de interese para os dous socios.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na súa intervención desta mañá destacou que tanto a Eurocidade Chaves-Verín, como a Eurocidade Tui-Valença, se revelaron como “unha ferramenta de enorme utilidade”, non só para optimizar e aumentar as vías de cooperación existentes, senón tamén para facerlle fronte con maior eficacia aos novos desafíos derivados da crise económica.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, explica coma arestora a Eurocidade Tui-Valença está traballando tamén para poder constituírse coma Axencia Europea de Cooperación Territorial, que lles permitirá ter unha entidade propia e poder así, entre outras cuestións, optar aos fondos europeos do plan 2014/2020 para o traballo conxunto que realizan.
Sem comentários:
Enviar um comentário