A actividade fíxose coincidir coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Máis dun millar de cativos da cidade de Tui se deron cita hoxe no Claustro da Catedral de Santa María para celebrar, un ano máis, “Tui le: os libros na Praza de San Fernando”. Co obxectivo de fomentar o interese pola lectura e divulgar a cultura escrita, as bibliotecas dos centros educativos xunto coa colaboración da Biblioteca Municipal, veñen organizando nos últimos anos esta actividade coa aportación dun depósito amplo de libros para que os rapaces os intercambien por outros usados e participar así, activamente, na actividade de honra á lectura.
Danza, recitais de poesía, percusión corporal, cantigas e contos interpretados polos máis de mil alumnos participantes trouxeron a nota de cor a esta xornada que involucrou a tódolos alí presentes e que mereceu a gabanza da corporación municipal e dos asistentes.
Os alumnos dos colexios CEIP Nº2, CEIP Pazos, IES San Paio, CEIP Randufe, CEIP Guillarei, CRA Clara Torres, IES Indalecio Pérez Tizón, Maristas, CEIP Rebordáns, Seminario Menor e CEIP Nº1 fixeron posible así, un ano máis, a celebración do Día Internacional do Libro coa súa total dedicación ao evento, aportando ademais, un mural representativo que en conxunto formou o lema deste ano “Segue lendo” .
A concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, quixo agradecer a todos os colexios, profesores e alumnos a súa participación que cada ano supera e mellora as actuacións de anos anteriores. Para o Concello de Tui, explicaba a edil, seguir celebrando este tipo de actividades que involucran a tantos nenos da cidade é todo un orgullo e unha garantía de estar creando novos lectores .
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacou pola súa a importancia de seguir promocionando a lectura con actividades coma esta que tan boa acollida. Lembrou neses senso o labor de promoción da lectura que ao longo de todo o ano se realiza tanto dende a Biblioteca Pública Municipal de Tui coma dende as bibliotecas escolares. O rexedor tudense agradece o traballo realizado por Rafael Sánchez Bargiela, en edicións anteriores, e a colaboración por parte do Cabildo da Catedral de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário