O Concello de Tui vai brindar este xoves unha homenaxe ao avó do municipio. Trátase de Salvador Domínguez Alonso, veciño de Paramos, que o pasado 27 de abril cumpriu 107 anos. Segundo os datos do padrón municipal e do INE é a persoa de máis idade de Tui.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, visitarán este xoves, 1 de maio, ás 12.00h a Salvador Domínguez, na súa casa para felicitalo polo seu recente aniversario e facerlle entrega dun agasallo.
Sem comentários:
Enviar um comentário