A pasada fin de semana disputouse no río Tea, en Mondariz, a Copa de España de Slalom Olímpico, onde o Club Piragüismo Penedo competiu con varios dos seus padeeiros, acadando o oitavo posto na clasificación xeral, dun total de dezaseis clubs españois e tres portugueses.
Como resultados máis destacados, Luís Fernández, na categoría C1 Xuvenil, acadou a medalla de ouro, o que constata o excelente estado de forma de cara ao Campionato do Mundo de Slalom, que se disputará os días 24, 25 e 26 de abril en Australia. O padeeiro do club tudense emprendeu xa o viaxe a terras australianas xunto aos compañeiros e técnicos do equipo nacional xuvenil e sub23.
O Club Penedo acadou a medalla de prata na categoría C2 Sénior, cos padeeiros Marcos Fortes e Jonatan Calvo, destacando tamén a labor do infantil Miguel Ángel Oliveros, que aínda que non participou en competición oficial, demostrou que vai ser un padeeiro a ter en conta nas próximas probas.
O Concello de Tui felicita ao Club Piragüismo Penedo e aos seus padeeiros polos éxito na Copa de España, así como desexa moita sorte a Luís Fernández no Campionato do Mundo de Slalom.
Sem comentários:
Enviar um comentário