Estes datos supoñen un incremento dun 62% no número de turistas con respecto ó ano 2014
A oficina de turismo de Tui, rexistrou dende o 1 de xuño ó 30 de setembro 20.424 visitantes, o que supón unha suba nun 62% con respecto ós datos rexistrados no ano 2014.
Segundo os datos feitos públicos pola Deputación de Pontevedra, a porcentaxe maioritaria de visitantes foron homes, con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos. A maioría dos turistas que chegaron ata Tui procederon do noso país pero non eran galegos, aloxáronse en hoteis, viñeron en coche e non coñecían o destino Rías Baixas que seleccionaron por aspectos relacionados coa cultura. O observatorio de Turismo Rías Baixas detectou entre os visitantes de Tui un incremento do 23,35% dos turistas que se aloxaron en hoteis e do 6,31% dos turistas que viñeron en avión.
Os bos datos acadados confirman que Tui é un dos destinos máis escollidos por turistas e peregrinos da provincia e mesmo de Galicia, que decidiron pasar uns días disfrutando dos múltiples atractivos da cidade e das súas propostas, como o tren turístico que conectou á Eurocidade Tui- Valença, as visitas guiadas polo conxunto histórico ou a dinamización da oficina de turismo de Tui, impulsadas pola concellería de Turismo.
Sem comentários:
Enviar um comentário