Estas inspeccións levaranse a cabo a partir do día 10 de xaneiro de 2016
O Concello de Tui comunica que fará controis ós ambulantes do Mercadillo dos xoves para comprobar que cumpran coa legalidade. O obxectivo destes rexistros é corrixir certas deficiencias observadas no desenvolvemento do popular Mercadillo dos xoves, garantir os dereitos dos consumidores que acudan ó mesmo e facilitar o cumprimento polos feirantes das súas obrigas tributarias.
Deste modo, a partir do día dez do mes de xaneiro de 2016 último día de prazo para solicitar a renovación dos postos, faranse controis regulares para esixir ós titulares o cumprimento das súas obrigas, en especial en relación coas ordenanzas municipais reguladoras do Mercadillo e na lexislación de comercio.
Sem comentários:
Enviar um comentário