A rúa Martínez Padín, o convento das Clarisas, a antiga Praza de Abastos,... son só algúns dos elementos reflectidos nas oito fotografías, tomadas entre os anos 50 e 60 por Juan Vila, que vén de editar o Concello de Tui. Pódense visitar na Oficina de Turismo, na Praza de San Fernando. Eran presentadas esta mañá polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e o historiador tudense, Suso Vila, fillo do fotógrafo Juan Vila.
Sem comentários:
Enviar um comentário