Unha aula móbil informativa da campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor” promovida pola Consellería de Medio Ambiente chega mañá xoves a Tui coa colaboración do Concello de Tui. Na unidade, situada no Paseo da Corredoira fronte ao Seminario Menor, en horario de 10 a 14h, levaranse a cabo distintas actividades de carácter lúdico e informativo para mellorar a conciencia ambiental da veciñanza e motivar a súa colaboración na correcta xestión dos residuos urbanos. En concreto monitores ambientais explicarán aos que se acheguen ata a mesma as pautas para unha adecuada xestión dos residuos e resolverán as dúbidas que poida ter a poboación sobre a reciclaxe. Todos aqueles que visiten a unidade móbil recibirán un agasallo coma bolsa, pasatempos, libros para colorear...
Sem comentários:
Enviar um comentário