O Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres organizan por segundo ano consecutivo os “Faladoiros en Educación” que se van celebrar cun total de seis sesións ata o próximo mes de marzo.
Hoxe xoves, 3 de novembro, terá lugar a primeira das sesións ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica. Será unha mesa redonda co título “Na procura de aspectos positivos e negativos das avaliacións finais de Primaria e Secundaria”. Na mesma participarán Roser Villar Moreno, do Centro de Formación de Pontevedra en representación da consellería de Educación; Margarita Pino, coordinadora da Aula da UNED de Tui, pola Universidade; Esther Fernández, directora do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo e Miguel Rodríguez Leborán, xefe de estudos do IES Val do Tea d Ponteareas; e Rogelio Carballo Sola, da Federación de ANPAS de centros públicos da provincia. O acto será moderado polo director da Radio Municipal de Tui, José A. Font. A participación é libre ata completar o aforamento.
As próximas sesións serán o xoves 24 de novembro co título “Igualmente diferentes” e o 15 de decembro co faladoiro “Uso reflexivo e seguro de internet e redes sociais”. Xa en 2017 o 12 de xaneiro celebrarase o obradoiro “Autocontrol a través da relaxación”, o 2 de febreiro “Educando en positivo” e o último o 2 de marzo “Na procura dunha proposta creativa de deberes”.
Todas charlas serán ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica con entrada libre ata completar o aforamento.
Sem comentários:
Enviar um comentário