En total instaláronse 110 motivos luminosos entre arcos, motivos laterais e decoración nas árbores
O Concello de Tui acenderá o 6 de decembro, o alumeado para este Nadal. En total, o concello investirá algo máis de 20.000€ en 110 motivos que se instalaron nas principais rúas da cidade.
Nas rúas Concordia, Martínez Padín, Colón, Calvo Sotelo, Augusto Besada, Compostela, Csal Aboy, Lugo, Rosa Baamonde, Ordoñez, Camilo José Cela, Foxo, Travesía do Foxo, Maristas, Travesía Rosa Bahamonde, Porta da Pía e Avenida de Portugal instaláronse un total de 76 arcos con distintos motivos.
Pola súa parte, as rúas Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Rosal e A Guarda contan con 18 motivos laterais ademais de 3 rótulos na Avenida da Concordia, Avenida de Portugal e rúa Colón. Nos Xulgados de Tui instalouse un cartel de Bo Nadal namentres que as árbores da Corredoira contan tamén cunha iluminación especial.
Todos os elementos luminosos dos arcos son de tipo led, de menor consumo e respectuosos co medioambiente.
Sem comentários:
Enviar um comentário