Esta Aula (antes chamada Telecentro) está ubicada no primeiro andar do Edificio Área Panorámica, no centro da nosa cidade.
Os cursos ofértanse a toda a cidadanía a partir de setembro e poderanse realizar na Aulas da Rede CeMIT a través do sistema de videoconferencia . O único requisito para o desenvolvemento desta actividade, é que cada aula CeMit debe contar cun mínimo de cinco persoas. De non ser así, os cidadáns interesados nos cursos poderán asistir (de haber praza) á actividade que teña lugar na aula CeMIT máis próxima.
Está aberto o prazo de inscrición e os interesados poden realizar a inscrición on-line a través da seguinte páxina web: www.cmg.xunta.es/of_cursosonline.php. Os interesados poden solicitar máis información en: formacion-cemit@xunta.es ou no teléfono 902 222 321.
CURSO DE CREACIÓN DE VIDEOXOGOS.
1ª quenda: Semana do 26 ao 29 de setembro
2ª quenda: Semana do 3 ao 6 de outubro
É preciso que os interesados/as neste curso conten con formación nalgunha das facetas propias da produción de videoxogos (programación, deseño gráfico, modelado, animación, efectos especiais, texturas, guión, efectos de son, composición musical, localización, etc).
Inscrición aberta ata o 12 de setembro
CURSO DE WEBS PARA MÓBILES.
1ª quenda: Semana do 24 ao 27 de outubro
2ª quenda: Semana do 31 de outubro ao 3 de novembro
É preciso que os interesados/as neste curso teñan coñecementos de desenvolvemento de web tradicional con HTML e estilos, así como comprendan a diferenza entre contido e visualización e ter deseñado sen usar táboas
Inscrición aberta ata o 10 de outubro
CURSO DE STREAMING DE AUDIO E VIDEO.
1ª quenda: Semana do 21 ao 24 de novembro
2ª quenda: Semana do 28 de novembro ao 1 de decembro
É preciso ter coñecementos de medios de informática e recoméndase ter usado ferramentas informáticas de edición de vídeo.
Inscrición aberta ata o 07 de novembro
O modelo formativo destas actividades baséase no concepto de blended learning, é dicir, combina actividades presenciais, síncronas e de e-learning. Así, durante os cinco días de duración do curso, emitirase un capítulo do video documental realizado para a ocasión cos contidos do curso, seguido dunha explicación e resolución de dúbidas (tutorización) polo técnico experto, utilizando a plataforma de teleformación.
Aquelas persoas que superen satisfactoriamente os contidos do curso, recibirán un diploma acreditativo expedido pola entidade organizadora.
in Diário de Tui
Sem comentários:
Enviar um comentário