quinta-feira, 11 de agosto de 2011

O concello de Tui recibe a un grupo de mozos australianos que visitan a terra natal de Rosendo Salvado


O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, recibirá oficialmente este sábado, 13 de agosto, ás 12,00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui a un grupo de máis de 150 mozos e mozas procedentes de Australia que se achegan a Tui interesados en coñecer a terra natal do bispo tudense, Rosendo Salvado, que desenvolveu unha importante labor apostólica naquelas terras.
Previsión
Asunto: Recepción mozos e mozas austrialianos na Casa do Concello Tui
Data: Sábado, 13 de agosto, ás 12h

Sem comentários:

Enviar um comentário