terça-feira, 2 de agosto de 2011

O Concello recoñece o éxito de deportas do Club Kaiak Tudense nos Europeos


O alcalde están estudando no futuro poder acompañar os recoñecementos con becas
O Concello de Tui brindou este mediodía unha homenaxea a catro deportistas do Club Kaiak Tudense en recoñecemento a súa participación e éxito en Campionatos de Europa celebrados nas últimas semanas.
O acto, que se desenvolveu no salón de plenos, estivo presidido polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañados dos edís de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, de Cultura Vanesa Solleiro e de Persoal, José Ángel Villaverde. Os homenaxeados, Manuel Garrido, Oscar Graña, Ramón Ferro, Iván Alonso – que non puido asistir - e Roberto Rodríguez, foron arroupados polos seus compañeiros de club e polo adestrador e presidente do Kaiak Esteban Alonso.
No acto o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, manifestouse sentirse orgulloso como concelleiro, deportista e tudense, desde éxitos logrados polos padeeiros do Kaiak. Dirixíndose a eles afirmaba que “sodes os nosos mellores embaixadores” e lles daba as grazas por levar o nome da cidade a nivel internacional.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, recoñeceu que estamos acostumados aos éxitos do Kaiak e por iso moitas veces non se recoñecen suficientemente, por iso apostaba por cambiar esa dinámica dende o Concello. Sinalaba o mandatario municipal que non é doado ir as competicións porque sempre hai determinadas circunstancias que inflúen nas mesmas, de aí o mérito que teñen os resultados logrados, que cualificaba de extraordinarios tanto a nivel individual coma de club. Moisés Rodríguez aproveitou a ocasión para felicitar ao Club Kaiak Tudense polos resultados máis se cabe nun momento no que a situación económica tamén inflúe no club, polo que dicía “todos temos que facer un esforzo para que as probas non se perdan”. Tivo tamén palabras para todos os compoñentes do club e para as familias dos deportistas xa que sen o seu sacrificio non serían posible tamén estes éxitos.
Na recepción desta mañá Moisés Rodríguez avanzou que están estudando a posibilidade de conceder algunha beca xunto a estes recoñecementos, polo que de cara ao orzamento do ano que vén ten que haber un cambio na partida de deportes.
En nome dos deportistas tomaba a palabra Manuel Garrido que agradecía o detalle, e explicaba que os éxitos deportivos que acadan son froito de moito esforzo ao longo de todo o ano, deixando moitas cousas ao lado. Sinalaba que para chegar a estes triunfos hai antes moitas derrotas.
Manuel Garrido acadou a medalla de prata en C1 Sub23, Ramón Ferro e Óscar Graña foron prata en C2 Senior, e Iván Alonso, obtivo un meritorio quinto posto en K1 Senior no Campionato de Europa de Maratón celebrado en Francia mentres que Roberto Rodríguez participou no Campionato de Europa de Piragüismo en Pista, na categoría K4 Sub23 1.000 metros en Zagreb.
O Concello felicitou tamén ao Club Kayak Tudense polo éxito acadado ao proclamarse por cuarto ano consecutivo Campión de España de Piragüismo no Campionato de España Senior e Junior celebrado en Verducido do 8 ao 10 de xullo de 2011, así como polos éxitos dos seus padeeiros nos Campionatos de Europa.

Sem comentários:

Enviar um comentário