Estarán en Tui ata comezos de setembro. O sábado foron recibidos no concello
Catro nenos saharauís pasarán o verán acollidos por familias tudenses ao abeiro do programa “Vacacións en paz” no que participa o concello de Tui dende hai case dúas décadas. O pasado sábado, no salón de sesións da Casa do Concello, tivo lugar a recepción oficial a estes cativos acompañados das súas familias acolledoras.
Estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Servizos Sociais, Raquel Lorenzo, e a concelleira de Educación e Cultura, Vanesa Rodríguez.
Os catro nenos que pasarán o verán en Tui, lonxe das inhóspitas condicións do deserto, teñen entre 9 a 11 anos. Deles tres xa estiveron na cidade con anterioridade e un deles é a primeira vez que vén ao municipio. Este cativos estarán na cidade ata os primeiros días do mes de setembro, disfrutando coma calquera neno de actividade de verán no seo de familias tudense. Terán oportunidade acudir á praia ou ao río, algo impensable no lugar onde viven, e igual de sorprendente para eles é o feito de poder contar con auga corrente simplemente abrindo unha billa. Aquí amais recibirán a atención médica precisa, unha alimentación equilibrada e todo o cariño das familias das que xa forman parte.
Na recepción oficial do pasado sábado, a concelleira de Servizos Sociais, Raquel Lorenzo, incidiu no seu discurso na importancia que ten para estes nenos a auga, o que dicía tennos que facer reflexionar a todos sobre o seu consumo moderado e en non derrochala. Agradeceu ás familias de acollida a súa solidariedade, premiada coa ledicia e o sorriso dos nenos.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradeceu ás familias a acollida destes nenos durante o verán proporcionándolles así a posibilidade de achegarse a cousas novas que moitas veces coñecen só ao través dos libros e que deste xeito poden experimentar en primeira persoa. Considera o mandatario municipal que a estadía deste nenos é moi enriquecedora tanto para os cativos coma para as familias. Por último na recepción do sábado Moisés Rodríguez animou a estes catro saharauís a disfrutar da súa estancia en Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário