O Concello de Tui comezou a pasada semana os labores de limpeza de pintadas de diversos elementos patrimoniais e de distintos lugares do conxunto histórico que estaban afectados polas incívicas accións que degradan este singular espazo público tudense.
Unha empresa especializada nesta materia iniciou en días pasados estes traballos de limpeza comezando polo cruceiro da Praza da Misericordia, os monumentos ao Bispo Lago e a Calvo Sotelo, ambos de Xoán Piñeiro, a estatua de Sócrates, realizada por Rosendo González reproducindo o monumento orixinal de Benito Prieto Coussent e os seus alumnos. En días vindeiros se continuará co Monumento aos Represaliados na Alameda, realizado por Silverio Rivas e outros enclaves e monumentos. Todas elas obras artísticas de relevancia e que estaban afectadas por estes actos vandálicos.
Sem comentários:
Enviar um comentário