O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, vén de editar hai uns días un bando sobre a conservación e limpeza do conxunto histórico tudense no que solicita a colaboración dos veciños e propietarios desta zona monumental pois o obxectivo do goberno municipal non é só potenciar este enclave como referente patrimonial e turístico senón nun lugar “coas mellores condicións para a vida dos seus habitantes”.
Neste sentido o bando lembra a obriga dos propietarios de manter a limpeza dos seus predios así como a colocación de portas e fiestras nos vanos existentes “ou, no seu defecto, proceder aos seu tapiado deixando a zona exterior cun enlucido axeitado ao entorno”, así como recorda que os horarios de depósito de lixo nos contedores soterrados é de 21,00 a 24,00 horas e a prohibición de depositar os residuos fóra dos correspondentes contedores.
Neste sentido o bando lembra a obriga dos propietarios de manter a limpeza dos seus predios así como a colocación de portas e fiestras nos vanos existentes “ou, no seu defecto, proceder aos seu tapiado deixando a zona exterior cun enlucido axeitado ao entorno”, así como recorda que os horarios de depósito de lixo nos contedores soterrados é de 21,00 a 24,00 horas e a prohibición de depositar os residuos fóra dos correspondentes contedores.
Anuncia tamén neste bando que o Concello procederá a peonalización deste conxunto histórico, abrindo ao longo do mes de setembro un prazo para que os residentes empadroados nestas rúas e con vehículos dados de alta no correspondente padrón municipal poidan inscribirse no rexistro aberto ao efecto na Secretaría do Concello para posibilitar no futuro o seu acceso a esta zona peonil.
Por último informa no bando da apertura do prazo para solicitar axudas para a rehabilitación de vivendas ao abeiro do programa da Área de Rehabilitación Integral, que pode financiar ata o 75% do orzamento cun máximo de 20.200 euros. A tramitación destas axudas realizase na Oficina de Rehabilitación – Portelo Único de Vivenda ubicada na propia Casa do Concello onde ofrecen información e asesoramento sobre este tema.
Estas mesmas medidas figuran tamén na carta que nestes días enviará o alcalde aos mil seiscentos propietarios do conxunto histórico tudense, onde reitera “a nosa vontade de traballar para consolidar o conxunto histórico como referente da nosa cidade, pero neste labor resulta imprescindible a colaboración de todos os veciños pois esta aspiración só poderemos acadala co esforzo e a cooperación entre o Concello e os cidadáns”. Nesta carta Moisés Rodríguez detalla algúns dos temas nos que traballa na actualidade o Concello sobre este conxunto patrimonial e nos que resulta necesaria a colaboración veciñal.
Por outra banda. O Concello de Tui ten acometido, en relación co conxunto histórico unha ampla limpeza da zona denominada da “falsa braga” que da cara ao Paseo Fluvial tudense, onde existía un importante foco de maleza. Complementariamente se está procedendo nestas últimas datas á limpeza das pintadas existentes en diversos monumentos do conxunto histórico. Medidas encamiñadas á lograr que este enclave patrimonial poida lucir axeitadamente os seus recursos patrimoniais e turísticos.
O Concello continúa traballando con outras medidas en relación coa Área de Rehabilitación Integral e as axudas a vivendas no Camiño de Santiago, xa anunciada, ou as xestións levadas a cabo días atrás co arquitecto Cesar Portela para retomar o seu proxecto de rehabilitación do Teatro Principal. Moisés Rodríguez Pérez reitera o seu compromiso pola potenciación deste conxunto monumental tudense e que paseniñamente este goberno municipal, que leva escasamente dous meses de traballo, acadará este obxectivo estratéxico do seu mandato.
Sem comentários:
Enviar um comentário