quinta-feira, 11 de agosto de 2011

O Concello de Tui e o Centro de Transfusións de Galicia impulsan unha campaña de doazón de sangue no municipio


Haberá unha unidade este venres e sábado na Praza de Galicia
O   Concello  de TUI e o Centro  de  Transfusión  de  Galicia  impulsan  a  participación  dos  veciños e veciñas  na  doazón  de  sangue coa campaña “Este verán salva vidas. O teu sangue é vida. Compártea”
Deste xeito o  Concello  de  Tui  e  o  Centro  de  Transfusión  de  Galicia  (CTG), impulsan  unha  iniciativa  que  ten  como  obxectivo  promover a  participación  dos  veciños  e  veciñas  nas  campañas  de  doazón  de sangue,  e  deste  xeito  garantir o  correcto  desenvolvemento  do  labor  asistencial  nos  centros  sanitarios  galegos,  que  van   precisar  ao  redor  de  30.000  doazóns  de  sangue  nos  meses  de  verán  para  cubrir  todas as  necesidades.
As  persoas  que  desexen  participar  poden  acudir  á  unidade  móbil  do  CTG  a  que estará este venres e sábado na Praza de Galicia en Tui. O venres poderase doar de 10 a 14 e de 16 a 21h, e o sábado de 10 a 15h. 

Sem comentários:

Enviar um comentário