terça-feira, 23 de agosto de 2011

O CONCELLO DE TUI CELEBRARA NA PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO UNHA NOVA EDICIÒN DAS XORNADAS EUROPEAS DE CULTURA XUDÍA

Concellería de Cultura do Concello de Tui celebrará entre o 2 e o 4 de setembro unha nova edición das “Xornadas Europeas de Cultura Xudía” que nesa mesma fin de semana celébrase en toda Europa para resaltar a achega do patrimonio xudeu á cultura común dos pobos e europea.
O programa que está ultimando o departamento de cultura tudense, que se presentará en próximas datas, abrangue as clásicas visitas guiadas aos testemuños da presenza dos xudeus no conxunto monumental tudense a celebrar o sábado 3 e o domingo 4 de setembro en horario de maña.  Se completa o programa cunha exposición, a celebrar na Catedral de Tui,  sobre alongada vivencia da comunidade xudía na nosa cidade e, finalmente, como novidade haberá un xantar o sábado 3 de setembro que organiza este Concello conxuntamente coa Asociación Galega de Amizade con Israel. 
Este “Sehudat Shabat” (xantar do sábado) terá lugar no Parador de Turismo “San Telmo” de Tui, e contará cun menú típico da cultura xudía:
-          Ensalada de Cogombro en Vinagre de Sidra e Mel de Acacia
-          Surtido de Queixos e Cecina
-          Filetes de Salmón ao fiúncho con Arroz e Froitos Secos
-          Mazá Asada con Mel e Peixes Amendoados
-          Pan: de Bola, de Pasas e Noces
-          Bebidas: Cervexas, Refrescos, Mosto sefardí, Augas Minerais, Viño Branco (DO Rias Baixas ) e Tinto ( DO Rioja )
-          Café e Licores
O prezo é de 35€ por persoa a ingresar ata o 26 na agosto na conta da Asociación: NOVACAIXAGALICIA: 2091 0518 57 3040025495  ou reservar ata o 1 de setembro na recepción do Parador: 986 600 300. 
Vanesa Rodríguez Pereira, concelleira de cultura do Concello de Tui, lembra o éxito acadado nas edicións anteriores destas xornadas que teñen posibilitado que numerosos veciños e forasteiros poidan achegarse ao coñecemento da achega xudía á historia bimilenaria da nosa cidade. Xa é a quinta edición destas Xornadas, que a nivel de España coordina a Red de Juderías, organismo ao que o Concello de Tui ten solicitada a súa adhesión.

Sem comentários:

Enviar um comentário