O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, mantivo na mañá de hoxe un encontro co arquitecto César Portela para analizar o posibilidade de retomar o proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Tui que no seu día redactara o arquitecto pontevedrés por encargo da Dirección General de Arquitectura do goberno central.
César Portela informou ao alcalde tudense das liñas básicas daquela proposta realizada na década dos oitenta do pasado século pero que, no seu parecer, seguen sendo válidas na actualidade, aínda que cómpre unha nova redacción deste proxecto para adaptarse á nova normativa vixente. Aquela proposta elaborada por César Portela deseñaba xunto á rehabilitación do teatro tudense a creación neste espazo dunha cafetería con vistas ao río Miño e Portugal, unha zona de usos múltiples e unha zona expositiva. Cómpre pois agora retomar aquel proxecto para a súa posta ao día, unha iniciativa do Concello de Tui que César Portela asume con ilusión, pois significa rescatar unha proposta que el mesmo entende de grande interese para a cidade de Tui e para a Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
in Diário de Tui
Sem comentários:
Enviar um comentário