sexta-feira, 2 de dezembro de 2016

Jam Sessions en Tui

As Jam Sessions da Asociación Cultural Betún pretenden converterse nunha cita ineludible cada primeiro venres de mes para os músicos/as da zona. Unha oportunidade fantástica para achegar aos músicos entre si e gozar como público da improvisación en directo.
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Dende ás 22h / entrada de balde para Betas e Betuneiros.

Lembrámosvos que para acceder ás instalacións da Asociación Cultural Betún é necesario ser socio.
Poderás facerte socio nas nosas instalacións, en horario de actividade, por 2€ anuais os Socios Beta, e por 5€ mensuais os Socios Betuneiros.
Os socios que non desexen disfrutar das actividades poderán facer uso do resto das instalacións da AC Betún.

Sem comentários:

Enviar um comentário