Dende a pasada semana o antigo Telecentro de Tui, agora denominado Aula CeMIT, conta cun ordenador adaptado para as persoas con discapacidade fornecido polo programa “TicTac Adapta Galicia”. Este programa que está financiado polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, e promove a instalación de ordenadores adaptados para persoas con discapacidade en centros de acceso público a Internet. Deste xeito, facilitarase o acceso ás novas tecnoloxías deste sector poboacional. Con este novo equipamento se facilita o acceso á sociedade da información a persoas con distintas discapacidades físicas ou sensoriais.
Sem comentários:
Enviar um comentário