quarta-feira, 2 de março de 2011

Tui repartirá 6 mil euros en premios no Desfile-Concurso de Entroido


Será o martes 8, festivo local, dende ás 17.30h nas rúas novas. Participarán case 700 persoas en 12 comparsas e 2 grupos
Tui vai repartir 6 mil euros en premios no Desfile-concurso de Entroido que se vai celebrar o próximo martes, 8 de marzo, festivo local na cidade, nun circuíto polas rúas novas da cidade. A estes 6 mil € correspondentes aos premios establecidos nas distintas categorías hai que sumar 5 mil dos fixos establecidos pola participación das 12 comparsas e 2 grupos inscritos.
En total serán 670 as persoas que desfilarán no Entroido tudense agrupadas en 10 comparsas con carroza, 2 comparsas sen carroza e dous grupos con carroza que farán alegoría sa películas, series de televisión, ou acontecementos da vida local.
O Desfile-Concurso terá lugar o próximo martes, 8 de marzo, dende ás 17.30h nun circuíto pechado polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda.
Como cada ano agárdase que miles de persoas ateiguen as beirarrúas por onde transcorre o desfile para presentar o paso das comparsas e grupos, sendo a reacción do público un dos puntos que o xurado terá en conta á hora de entregar os premios. A parodia e a música en directo son tamén puntuadas polos xuíces, así coma a fantasía que este ano conta cun premio específico.
Os grupos e comparsas participantes deben asistir na súa totalidade ao Enterro do Bacallau que se celebrará o domingo 13 de marzo ás 19.30h dende a Praza de San Fernando até o Aparcamento Municipal. 

Sem comentários:

Enviar um comentário