A Aula da Uned de Tui organiza, conxuntamento co Concello de Tui e a Cámara Municipal de valença, un Seminario Internacional que baixo o nome de “125 anos da Ponte Internacional, unindo xentes, territorios e culturas” desenvolverase en ambas cidades os vindeiros días 18 e 19 de marzo de 2011 ao abiero das actividades programadas co gallo do 125 aniversario da inauguración da ponte sobre o río Miño.Neste seminario, que posúe un intenso programa, participaran destacados especialistas universitarios e investigadores que ofrecerán unha visión muldisciplinar sobre diversos aspectos das relacións entre Galicia e o Norte de Portugal e que teñen na ponte metálica construída por Pelayo Mancebo o seu principal símbolo de unión.Nas sesións deste Seminario está prevista a participación como relatores de Luis Dominguez, director da cátedra da eurexión da Universidade de Vigo, Carlos Nardiz Ortiz, catedrático da ETS de Enxeñeria da Universidade da Coruña, María Rita Jardím do Museu Nacional Ferroviario de Lisboa, Lourdes Montero Mesa, catedrática dde didáctica da Universidade de Santiago de Compostela, Albino Prada Blanco, profesor da Facultade de Económicas da Universidade de Vigo, Marta Cendón Fernández, profesora de arte da Universidade de Santiago de Compostela, ePedro Nuno Meda Magalhães da Associação Portuguesa Amigos do Caminho de Ferro.Completan o programa un total de 17 comunicacións artelladas en catro mesas redondas a celebrar ao longo destas xornadas, nas que participaran profesores universitarios, investigadores e especialistas en diversas materias vencelladas ás relacións luso-galaicas. As sesións deste Seminario terán lugar o venres 18 de marzo no Salón de Actos da Aula da Uned de Tui, no antigo convento de San Domingos, namentras que o sábado 19 as sesións terán lugar no auditorio da Camara Municipal de Valença do Minho.Este seminario está recoñecido con un crédito de libre configuración e 0,5 créditos ECTS. As personas interesadas poden realizar xa a súa inscrición por un importe de 40,00 euros neste Seminario a través de :http://www.extensionuned.es/actividad/2413 , esta incrición da dereito a obtención do correspondente título. Pero a asistencia ás sesións deste seminario é libre e gratuita para todos os interesados.Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración deste Seminario é unha aposta dos municipios tudenses e valencianos xunto coa Uned de Tui para afondar nos múltiples aspectos das relacións tranfronteirizas entre as terras de Tui e de Valença, e por extensión entre Galicia e o Norte de Portugal. Rodríguez Pérez agradece á Aula da Uned de Tui o esforzo na organización deste Seminario que reunirá en Tui a prestixiosos especialistas e investigadores convertendo, nunha nova oportunidades, como hai 125 anos, ás localidades de Tui e Valença como protagonistas das relacións transfronteirizas luso galaicas
Sem comentários:
Enviar um comentário