Este sábado 26 de marzo haberá unha nova conferencia do ciclo de extensión universitaria que está a desenvolver á Aula da UNED de Tui nesta oportunidade a conferencia estará a cargo de Jesús Martínez Carracedo e titulase “Vivir éticamente para morir dignamente”.
"Vivir éticamente para morir dignamente" será prantexada dende a ética integral que debe rexer o acompañamento e atención á persoa no final da vida. Partindo dunhas preguntas iniciais a modo de glosario sobre o modelo antropolóxico que usamos de sufrimento, persoa e morte, abordará a dimensión física (control da dor, eutanasia, ortotanasia, distanasia, coidados paliativos, instrucións previas, comités de ética,...), a psicolóxica (a escoita, autonomía, información, lugar ideal), a social (papel da familia, amigos, sociedade, profesionais) e espiritual (interrogantes existenciais, expresión da vivencia, peche existencial e prantexamentos de esperanza), concluíndo cun decálogo para conseguir entre todos dar dignidade a un proceso que está sendo, en non poucos casos, indigno. Trataremos de humanizar un acontecemento vital que ultimamente se ten tecnificado en exceso e 'ocultado'. A morte debe volver ser un momento íntimo e intenso de despedida e peche de toda unha vida.
Jesús Martínez Carracedo é licenciado en teoloxía pastoral sanitaria, capelán do Hospital do Meixoeiro, director do Secretariado Interdiocesano de Pastoral da Saúde de Galicia, especialista en bioética e delegado episcopal de pastoral da saúde da diocese de Tui-Vigo e membro do Comité de Bioética de Galicia.
Esta conferencia forma parte do ciclo que a Aula da UNED de Tui organiza cada mes e que abordará nos seguintes relatorios novos temas de interese social: “A importancia dos hábitos na práctica da actividade físico-deportiva para todos” por Águeda Gutiérrez Sánchez o venres 6 de maio de 2010 e “¿Que educación para que sociedade? As TIC na sociedade do coñecemento” por Jorge Genaro Soto Carballo o 27 de maio de 2010.
Estas actividades teñen lugar no Salón de Actos da Aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingos, ás 19,00 horas e contan coa colaboración do Concello de Tui.
As persoas interesadas en recibir unha certificación da súa asistencia a este ciclo poden matricularse gratuitamente no mesmo a través da web: http://www.extensionUNED.es/publico_indice e accedendo á programación da Aula de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário