Así llo trasladou o tenente alcalde ao xefe territorial de Educación, con que abordou a arranxo da cuberta do CEIP de Rebordáns, ou a ampliación do comedor escolar do CEIP nº2
O Concello de Tui solicitou unha reunión co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para tratar sobre a construción dun novo colexio público para Pazos de Reis. Así llo transmitiu o tenente alcalde de Tui, Miguel Capón Rey, ao xefe territorial de Educación, César Pérez, na reunión que mantiveron en Pontevedra. Na mesma, segundo Capón Rey, o propio xefe provincial comprometeuse a xestionar esa reunión co conselleiro.
Miguel Capón lembrou que o Concello de Tui mercou a Finca Lagarteira para a construción, entre outros equipamentos, deste novo centro educativo. Este foi un dos temas tratados na reunión desta mañá á que tamén asistiron membros da directiva e da ANPA do CEIP de Rebordáns, e da Unidade Técnica de Educación.
Precisamente o arranxo da cuberta do CEIP de Rebordáns foi outra das demandas plantexadas esta mañá polo Concello á Xunta de Galicia, cun proxecto de execución orzamentado en preto de 50 mil euros. O xefe territorial avanzou que a obra se executará nos próximos meses dada a súa prioridade. Por outra parte acordaron a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas administración para arranxar baños e falsos teitos neste centro, nunha actuación na que a Consellería de Educación aportará os materiais e o Concello o persoal para realizala.
Miguel Capón trasladou ao xefe territorial de Educación a necesidade de ampliar o comedor do CEIP nº2, propondo a actual sede do Colexio Rural Agrupado, CRA, Mestra Clara Torre, no propio recinto escolar, para acoller ese servizo. O Concello redactará o proxecto en coordinación coa Unidade Técnica de Educación para axustarse as prescricións para estas instalacións. Tamén dende o Concello se buscará unha nova ubicación para a sede do CRA.
Outros asuntos tratados foron o reasfaltado das pistas do CEIP de Randufe, e a solicitude a Educación por parte do Concello dos permisos necesarios para empregar tanto o CEIP nº2 coma os IES Indalecio Pérez e San Paio para actividades durante as festas de San Telmo.
Sem comentários:
Enviar um comentário