Os interesados teñen ata o 8 de febreiro para presentar a súa solicitude
O concello de Tui contará este ano con 4 bolseiros ao abeiro do Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra. As persoas interesadas, que non deben ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, teñen ata o 8 de febreiro para presentar a súa solicitude. En concreto, en Tui ofértanse catro bolsas para un licenciado ou graduado en xornalismo; un diplomado en Biblioteconomía e Documentación ou graduado en Información e Documentación, un diplomado ou graduado en Turismo, e un técnico do Ciclo Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos.
A Deputación de Pontevedra publicou o pasado, 19 de xaneiro, no Boletín Oficial da Provincia as bases completas desta convocatoria. Os interesados en acceder a estas bolsas débense preinscribir na páxina web da Deputación de Pontevedra, www.depo.es. A continuación deberán presentar o xustificante electrónico xerado durante o proceso de preinscrición no Rexistro xeral da institución provincial, xunto á documentación requirida
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO, que foi o pasado martes. O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polas persoas admitidas e, a segunda, de realización dunha proba tipo test sobre o contido do programa. As bolsas terán unha duración de 6 meses e poderán prorrogarse por outros 6 meses.
Sem comentários:
Enviar um comentário