sexta-feira, 28 de junho de 2013

8ª ANDAINA SAUDABLE EUROCIDADE 2013 “MONTE TETÓN”

Este domingo, 30 de xuño, ás 10.00 horas españolas, e dentro do programa Xuño Activo da Eurocidade Tui-Valença, terá lugar o oitavo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade 2013: “Monte Tetón”, que terá a súa saída dende a Ermida de San Mamede ou San Nomedio na parroquia de Malvas.
A andaina percorrerá unha distancia de 10 qm, sendo o grado de dificultade baixo e tendo unha duración aproximada de dúas horas.
Para todos aqueles que non coñezan o punto de saída, quedarase no punto de encontro alternativo na gasolineira da Repsol, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas, dende onde dirixiranse ao punto de saída.

Sem comentários:

Enviar um comentário