Ao abeiro dun convenio entre a Deputación Provincial e a Unión de Consumidores de Galicia
Máis de 400 tudenses recuperaron xa os seus aforros gracias á arbitraxe
O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, informa que dende mañá 18 de xuño funcionará na Casa do Concello de Tui unha oficina de asistencia e asesoramentos aos afectados pola comercialización de preferentes e subordinadas atendida por un avogado gracias ao convenio asinado entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Unión de Consumidores de Galicia. Esta nova medida expresar. Nunha nova oportunidade, o compromiso de apoio e axuda a todos os afectados pola comercialización deste produtos financeiros que expresou en todo momento o Concello de Tui e da cumprimento aos compromisos expresado en numerosas oportunidades polo rexedor tudense.
Por outra banda e xunto a esta nova medida en apoio aos afectados continua desenvolvéndose o procedemento de arbitraxe que, segundo informa o alcalde de Tui, ten devolvo os seus aforros a máis de 400 tudenses afectados por esta indebida comercialización de preferentes e subordinadas. Moisés Rodríguez resalta o importante traballo realizado dende a Xunta de Galicia neste tema, pois posibilitará que, gracias a esta iniciativa pioneira, entre 35.000 e 40.000 persoas recuperará o 100% dos seus aforros a través da vía da arbitraxe. Por último, o alcalde de Tui ratificase na súa decidida vontade de traballar a prol da recuperación dos cartos de todos os afectados tudenses, como ven realizando dende hai mais dun ano. É o traballo diario e efectivo o que está axudando a resolver este problema e non a demagoxia, na que insisten outras organizacións.
Esta oficina ten o obxectivo de orientar aos afectados á hora de reclamar a devolución do seu diñeiro pola vía xudicial e de orientalos e asesoralos nun "momento crucial" como é o actual, cando teñen que lles facer fronte ó troco e ás quitas. As persoas que acudan a este puntos de asesoramento, que comezará a funcionar este martes e permanecerá aberto durante un mínimo de dous meses, será atendidas por persoal licenciado en dereito e perfectamente coñecedor da problemática da comercialización de produtos híbridos.
Esta oficina estará abertas ao público de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, e nela os expertos non só orientarán e informarán aos interesados sobre as posibilidades de acudir á vía xudicial, os pasos que deben dar, a forma de facelo ou se teñen ou non dereito á xustiza gratuíta, senón que ofrecerá atención individualizada para que os afectados que decidan acudir á vía xudicial teñan todas as facilidades e información adaptada ao seu caso concreto.
Trátase de que, ante unha eventual finalización das arbitraxes, aqueles que opten pola vía xudicial o fagan con todos os elementos de xuízo necesarios. Desta forma, o avogado que atenderá a oficina de asesoramento analizará as circunstancias de cada afectado; a súa relación coa entidade; a dinámica da contratación; os prazos fixos "ponte"; o "Test Mifid"; a posible vulneración de normas de protección ao cliente; se pode darse nulidade ou a posibilidade de anular os contratos; e, en definitiva, cantas circunstancias poidan analizarse nun procedemento xudicial.
A Deputación e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) impulsan a creación dunha ampla rede de asistencia xurídica a afectados pola comercialización irregular de preferentes e subordinadas, á que a Administración Provincial destina 34.584,00 euros.
Sem comentários:
Enviar um comentário