O Concello de Tui está realizando nestas xornadas un proceso de limpeza do tramo tudense do Camiño Portugués a Santiago, realizando un traballo de desbroce, nivelación do chan, etc para que este importante roteiro cultural poida estar en óptimas condicións para o paso dos numerosos peregrinos que o percorren diariamente.
Cabe lembrar que no pasado mes de abril foron 1.197 os peregrinos de numerosas nacionalidades (mais de trinta dos cinco continentes) que pasaron pola nosa cidade no seu percurso cara á Catedral de Santiago de Compostela.
Para o Concello de Tui o coidado deste treito tudense do Camiño portugués, dende a antiga ponte metálica tudense ata a Ponte de Orbenlle ou da Madalena no limite da parroquia de Ribadelouro, é unha obriga pero que posúe unha alta rendabilidade social e ao tempo se conserva este elemento substancial do patrimonio cultural tudense.
Son os operarios contratados ao abeiro do Plan Provincial de Emprego 2013 que promove a Deputación Provincial de Pontevedra os que se encargan deste traballo de limpeza do itinerario xacobeo en Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário