terça-feira, 25 de junho de 2013

A NUTRICIONISTA ANA FARIÑA FALARÁ SOBRE A ALIMENTACIÓN E A ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE ESTA TARDE NA UNED DE TUI

O programa “Eurocidade Tui-Valença Xuño Activo” contará esta tarde coa nutricionista e dietista Ana Fariña, quen exporá a necesidade de combinar actividade física e alimentación no día a día. A conferencia “Alimentación e actividade física saudable” terá lugar hoxe martes ás 19.00h na aula da Uned de Tui (antigo convento de Santo Domingo). 
Ana Fariña é dietista e nutricionista con máster en Nutrición humana e Dietética pola Universidade de Navarra. Esta tarde describirá que é unha alimentación saudable nas diferentes etapas da vida. Tamén abordará os tratamentos dietéticos nas diferentes patoloxías. Ademais, destacará a importancia de combinar dieta e actividade física e comentará o problema da obesidade infantil. Ao remate da conferencia, Ana Fariña realizará un estudo gratuíto de composición corporal (un estudo que indica a porcentaxe de auga, a masa muscular, a graxa magra...).
Segundo os datos procedentes da ENSE en 2006 en Galicia, o 5,16% da poboación infantil xuvenil entre 2 e 17 anos ten obsidade e un 19,81% sobrepeso, o que converte esta taxa na máis alta de Europa. No que respecta aos galegos maiores de 18 anos, o 54,9% ten sobrepeso ou obesidade. E, aínda que non se dispón de datos específicos para a poboación galega de máis de 65 anos, en España o 69,09% ten exceso de peso.

Sem comentários:

Enviar um comentário