Esta maña
tivo lugar o acto de inauguración do “Summer Training School” que reúne na
Eurocidade ao longo desta semana a máis dunha véntena de investigadores de sete países europeos para traballar en temas
de planificación territorial e accesibilidade.
No acto de inauguración celebrado
esta mañá no edificio Área Panorámica de Tui –sede dos traballos deste encontro-
contouse coa presenza do concelleiro tudense, José Ángel Villaverde Rocha, xunto
ao Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte
de Portugal (AECTGNP), Juan José Lirón Lago, xunto aos responsables deste
proxecto os profesores Enrique J. Calderón, da universidade Politécnica de
Madrid, e Nuno Norte Pinto, da Universidade de Coimbra.
O proxecto de investigación interuniversitario
denominado “Acción COST TU1002: Recollida de instrumentos de accesibilidade e
mellora da súa capacidade de uso das prácticas de planificación”, financiada
pola Unión Europea. Este proxecto pretende avaliar a aplicabilidade de
instrumentos de apoio á decisión que enfocan cuestións de acessibilidade en
todas as súas vertentes nos procesos de planeamento. O proxecto engloba a
participación de investigadores de mais de 20 países europeos, tendo tamén unha
rede de novos investigadores (Junior Researchers Network, JRN).
Esta JRN ten todos os anos un encontro propio
denominado “Summer Trainng School” (STS), que pretende ser unha semana de
traballo intensivo dos membros da JRN sobre o estudo dun caso específico,
utilizando as metodoloxías desenvolvidas e aplicadas no proxecto. Participaran
nesta STS investigadores novos de Polonia, Reino Unido, Grecia, Italia, Holanda,
España e Portugal.
Ao longo desta xornada participaron nun encontro do
director da AECTGNP, Juan Lirón, e na sesión de maña participaran os técnicos
municipais de Tui e Valença. Na tarde de hoxe realizarán unha visita de estudo á
cidade de Tui que repetirán na tarde de mañá en Valença.
Sem comentários:
Enviar um comentário