A neuropsicóloga Mónica Villar charlará mañá martes 18 de xuño sobre “Beneficios da actividade física saudable e o funcionamento cerebral”, nunha congerencia que terá lugar na aula da Uned de Tui (antigo Convento de Santo Domingo) ás 19.00 horas. A entrada é gratuíta.
A ponencia centrarase nos principais beneficios do cerebro co exercicio, xa que a actividade física pode cambiar a estrutura e o funcionamento deste. As persoas que realizan unha actividade física teñen maior calidade de vida. Ademais, o exercicio inflúe no estado de ánimo, no pensamento e na forma de relacionarnos coa contorna.
Mónica Villar Guisado (Tui, 1977) é licenciada en Psicoloxía pola Universidade do País Vasco, máster en Neuropsicoloxía Clínica de Adultos e de Infantil e conta con formación no ámbito da psiconeuroinmunoloxía, emocións morais (empatía e sentimento de culpa), neuropsicoloxía do desenvolvemento, trastornos da ansiedade, adicións sen drogas, Teoría Psicoanalítica e metodoloxía para o deseño e a avaliación de programas de intervención.
Sem comentários:
Enviar um comentário