Manu Garrido e Iván Alonso serán os padeeiros tudenses que competirán a próxima fin de semana no Campionato de Europa de Maratón de Piragüismo, na localidade portuguesa de Vila Verde (Braga).
Manu competirá o sábado 8 de xuño, as 12.45 horas españolas, na categoría C1, mentres que Iván Alonso, na categoría K1, competirá as 15.45 horas españolas.
Pero Iván e Manu non serán os únicos padeeiros do Club Kayak Tudense en participar nestes campionatos, xa que Óscar Graña e Ramón Ferro, competirán na categoría C2 o domingo 9 de xuño.
Todos eles chegan a este campionato en boa forma, como o demostraron nas últimas competicións nas que participaron, polo que son claros candidatos a acadar unha medalla europea.
Dende o Concello de Tui desexan moita sorte aos nosos padeeiros neste Campionato de Europa de Maratón, así como animan aos tudenses a dar todo o seu apoio a Iván, Manu, Óscar e Ramón.
Sem comentários:
Enviar um comentário