A Biblioteca Pública Municipal de Tui participa nestes días na Feira do Libro que se desenvolve na localidade veciña de Valença, onde amosa as publicacións do Concello de Tui e diversas información sobre os seus servizos bibliotecarios.
En días pasados tamén a Biblioteca Municipal valenciana participaba na Feira do Libro tudense, que nesta decimo sexta edición tivo de aprazarse da súa tradicional data do 17 de maio ao 1 de xuño por mos das inclemencias meteorolóxicas.
A Feira do Livro de Valença desenvolvese nesta cidade miñota entre o 5 e o 8 de xuño e conta cun amplo programas de actividades de promoción da lectura e de animación e está instalada na explanada de entrada á Biblioteca Municipal valenciana.
Esta actividades forman parte do programa de cooperación que ambos centros bibliotecarios manteñen aberto ao abeiro da creación da Eurocidade Tui – Valença que promove a colaboración entre os diversos servizos municipais de ambos municipios fronteirizos.
A Biblioteca Municipal de Valença posúe un amplo número de usuarios tudenses e mesmo doutras localidades, namentres que na Biblioteca tudense aínda que existe un grupo de usuarios portugueses é máis reducido. Con estas actividades pretendese equilibrar esta diversidade promovendo o coñecemento destes servizos culturais conxuntos da Eurocidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário