O próximo luns ,1 de xullo, ás 09.00 horas, terá lugar o inicio da primeira quenda dos Campamentos Urbanos e Deportivos de Verán Tui 2013, na que máis de 120 nenos realizarán actividades organizadas pola empresa tudense “Actividades Acuáticas Baixo Miño”, en colaboración coa Concellería de Deportes de Tui.
Lembrar aos pais e nais que o punto de entrega dos nenos/as e mozos/as, será no aparcamento do CEIP Nº2 de Tui, ás 09.00 horas, onde os monitores repartiranos por grupos de idade, sendo a recollida ás 14.00 horas no mesmo sitio.
Para aqueles que seleccionaron a opción de aula matinal e/ou sobremesa, o horario de entrega será entre as 08.00 e as 09.00, e o de recollida será dende as 14.00 ata as 15.00 horas.
Os nenos/as e mozos/as deberán ir provistos de roupa cómoda e deportiva, dado que realizarán todo tipo de actividades deportivas. Así mesmo, deberán levar a merenda que desexen tomar a media mañá.
O luns entregarase unha carta a tódolos participantes, indicando os días nos que acudirán á piscina, tendo que levar eses días na mochila, a roupa de baño, chanclas e unha toalla.
O Concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, desexa que tódolos nenos/as e mozos/as gocen desta segunda edición dos campamentos, facendo actividades deportivas, talleres, saídas medioambientais...
Sem comentários:
Enviar um comentário