O Paseo da Corredoira de Tui acolle este sábado, 1 de xuño, unha nova edición da Feira do Libro que con 20 postos contará coa presenza das Librerías Iris e Valverde de Tui xunto coa Papelaría Moderna e a Biblioteca Municipal de Valença. Esta mañá no decurso dunha rolda de prensa foi presentado o programa desta Feira por parte da concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, xunto cos representantes dos establecementos participantes (Librería Valverde de Tui e Papeleria Moderna de Valença).
Vanesa Rodríguez amais de agradecer ás librerías participantes a súa presenza nesta nova edición da Feira do Libro amosou a súa satisfacción porque os establecemento valencianos repitan a súa asistencia logo da experiencia pioneira dos pasados anos, este ano amais coa participación da Biblioteca Municipal valenciana. A concelleira afirmaba que esta é unha feira consolidada tanto no municipio coma no entorno
Esta nova edición da feira do libro foi trasladada da súa tradicional data de celebración polas previsións meteorolóxicas que anunciaban chuvia no 17 de maio, Día das Letras Galegas. A escolla deste sábado 1 de xuño foi realizada polas librerías participantes.
Anunciou tamén que o pregón desta feira correrá a cargo do director da Radio Municipal de Tui, Jose Font, en recoñecemento aos vinte anos de funcionamento desta emisora e a importante labor de difusión cultural que realizan na nosa localidade e a comarca do Baixo Miño.
Os representantes dos establecementos amosaron o seu agradecemento ao Concello de Tui por esta nova edición da feira que achega este producto cultural aos cidadáns e anunciaron que como é tradicional aplicarán un desconto do 10%.
O programa é o seguinte:
12,00 h.: Inauguración
Pregón por José Font Moldes, director da Radio Municipal de Tui, e recital poético pola Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño
12,00 h.: Actuación do Grupo folclórico Seixos Albos de Areas.
16,30 h a 20,30 h.: Inchables
18,00 h.: Actuación do Grupo “ Refaixos e Polainas” de Baldráns
20,00 h.: Actuación do grupo A Insua de Caldelas.
Participan:
Librería Iris e Libreria Valverde de Tui
Liberia Moderna e Biblioteca Municipal de Valença
XVI Feira do Libro Galego
Data: Sábado 1 de xuño de 12 a 22h
Lugar: Paseo da Corredoira
20 postos de exposición e venda de libros cun 10% de desconto
Actividades:
Ás 12:00h inauguración, a cargo de José A. Font Moldes
Ás 12:15h recital de poesía a cargo da Asociación de Poetas do Baixo Miño”
Ás 12:30h actuación do grupo folclórico “Seixos Albos” de Areas.
16,30 h a 20,30 h.: Inchables
18,00 h.: Actuación do Grupo “ Refaixos e Polainas” de Baldráns
20,00 h.: Actuación do grupo A Insua de Caldelas.
Sem comentários:
Enviar um comentário