O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou hoxe en Tui ao grupo de traballo que está a realizar a valoración da condición física saudable da poboación da Eurocidade Tui-Valença. Esta iniciativa enmárcase no programa ‘Xuño activo/ Junho activo' posta en marcha conxuntamente pola Xunta de Galicia e o Plan Galicia Saudable coa Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, a Unión Europea, a Eurocidade Tui-Valença e o Centro Deportivo DiSom Tui.
No encontro cos membros do grupo de traballo, Lete Lasa puxo en valor o carácter pioneiro desta iniciativa e asegurou que os seus resultados redundarán na extensión da práctica do exercicio físico entre a poboación tudense, coa garantía, ademais, de que cadaquén realizará a práctica máis axeitada ás súas condicións.
Ademais de por este proxecto piloto, o plan ‘Xuño activo / Junho activo' está composto por un amplo programa de conferencias e actividades físico-deportivas que se veñen desenvolvendo na Eurocidade Tui-Valença desde os primeiros días do mes.
Sem comentários:
Enviar um comentário