terça-feira, 25 de junho de 2013

NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS URBANOS E DEPORTIVOS DE VERÁN TUI 2013

O pasado xoves 20 pechouse o prazo de pago dos campamentos de verán de Tui 2013, polo que todas aquelas persoas que non o fixeron serán dados de baixa e non poderán participar nesas quendas.
Debido a isto e como quedan prazas dispoñibles para as tres quincenas, abrirase un novo prazo de inscrición, dende o martes 25 de xuño ata o xoves 27, de 09.00 a 14.00 horas, entregando a documentación na secretaría do Concello de Tui.
Aquelas persoas que fixeron as inscricións pero non aboaron as quendas, poderán facelo nesas datas na tesourería do Concello de Tui.
As persoas que non fixeron a inscrición nas datas previstas, terán que entregar a documentación solicitada, realizando a designación por orden do rexistro de entrada do Concello de Tui, ata cubrir as prazas dispoñibles.

Sem comentários:

Enviar um comentário