quarta-feira, 19 de junho de 2013

CONCERTO DE FIN DE CURSO DO CONSERVATORIO E ESCOLA DE MÚSICA E RECITAL DO CLANIRETISTA OSKAR ESPINA RUÍZ

Terán lugar o xoves 20 e venres 21 de xuño respectivamente
O Conservatorio Municipal de Música e a Escola de Música do Concello de Tui organizan para esta semana dous novos concertos de alto interese e que pechan o amplo programa de actividades realizado por estas centros docentes ao longo do ano.
En concreto, son os seguintes: 
XOVES 20 DE XUÑO:
No Teatro Municipal, no edificio Área Panorámica de Tui, celebrarase o Concerto Final de Curso  da Escola de Música Municipal e do Conservatorio Profesional de Música de Tui, nel participarán alumnos solistas e diversas formacións das diferentes especialidades instrumentais que se imparten no Centro. 
A hora de comezo é as 20:00h., a entrada recollerase a partir das 19:30h na billeteira do propio teatro,  será gratuíta ata encher o aforo.
VENRES 21 DE XUÑO:
Concerto na Igrexa de Santo Domingo(Tui) a cargo do clarinetista Oskar Espina Ruíz, Mestre de Clarinete da University of North Carolina School of the Arts,coa colaboración do Instituto vasco Etxepare. Este concerto comezará as 20:30h., e a entrada será tamén gratuíta e libre ata encher o aforo.
Anteriormente, na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, entre as 17:00h e 19:00h o Mestre impartirá unha Master Class e unha Clase Colectiva para diversos alumnos do centro tudense.

Sem comentários:

Enviar um comentário