No ano 2012 o Concello de Tui adquiriu con fondos propios tres desfibriladores que se instalaron no Novo Pavillón Deportivo Municipal, no Centro Interfederado e nas instalacións deportivas “Álvarez Durán”.
Para este ano 2013, e subvencionados ao 50% pola Deputación de Pontevedra, instalaranse tres novos desfibriladores, esta vez nos campos de fútbol de Ribadelouro e Caldelas, así como no Pavillón da Macoca.
O pasado xoves, no Centro Interfederado, realizouse un curso de RCP e manexo de desfibriladores semiautomáticos, organizado pola Deputación de Pontevedra, nel que asistiron dezaoito persoas, procedentes de A Guarda, Tomiño, Oia e Tui.
Coa instalación destes tres novos desfibriladores, as instalacións deportivas tudenses quedarán protexidas ante os posibles casos de parada cardíaca, o que pon de manifesto o interese do equipo de goberno tudense por manter a seguridade dos deportistas e espectadores que cada día realizan exercicio na nosa cidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário