O primeiro ministro portugués visitou, no acto inaugural, o posto de Tui-Valença
A Eurocidade Tui-Valença promociónouse na Feira Ibérica de Turismo en Guarda, sendo a de Tui a única presenza galega neste evento. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, asistiu ao acto inaugural da feira a cargo de primeiro ministro Portugués, Antonio Costa, a quen puido saudar e dar a coñecer os atractivos tanto de Tui coma de Valença. A presenza da Eurocidade espertou gran interese entre os visitantes da feira que coñecen grazas a este posto e ao material promocional o patrimonio cultural e natural dos dous municipios así coma a súa oferta hostaleira e de restauración.
Deste xeito a Eurocidade aposta pola súa promoción non só nas grandes feiras de turismo coma FITUR en Madrid ou a BTL de Lisboa, senón tamén noutros eventos coma a Feira Ibérica de Guarda onde hai un trato moito máis cercano tanto cos touroperadores coma cos visitantes. Nesa liña están a estudar a posibilidade de acudir no mes de novembro a feira de turismo que se celebra en Castela-León.
Sem comentários:
Enviar um comentário