O obxectivo é completar a documentación sobre elementos coma patios ou escaleiras
O Concello de Tui solicita a colaboración dos veciños do conxunto histórico xa que ao abeiro dos traballos de elaboración do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico, PEPCHA, a próxima semana o equipo redactor necesitará acceder as vivendas desta zona da cidade. O obxectivo será recoller ou completar a información de escaleiras, patios ou outros elementos arquitectónicos de valor tendo en conta o último informe emitido pola Consellería de Cultura do pasado 21 de setembro de 2015.
As visitas do equipo de redactor comezarán o próximo luns pola mañá de 11 a 14.30h ás vivendas da rúa San Telmo e pola tarde de 16 a 21h ás da rúa Cuenca. Prolongaranse ao longo da semana de acordo co seguinte calendario.
Luns 30 de maio
De 11:00h a 14:30h rúa San Telmo.
De 16:00h a 21:00h rúa Cuenca.
Martes 31 de maio
De 11:00h a 14:30h rúa Sanz, rúa Seixas, rúa Entrefornos, Praza do Concello, Praza de S. Fernando, rúa do Párroco Rodríguez Vázquez e rúa Bispo Castañon.
De 16:00h a 21:00h praza Armada Española e rúa Pracer.
Xoves 2 de xuño
De 11:00h a 14:30h travesía San Bartolomé, rúa de San Bartolomé e travesía Santo Domingo
De 16:00h a 21:00h rúa Antero Rubín, rúa das Monxas, rúa do Tide, Canella do Tide, rúa Canella do Ouro e rúa do Ouro.
Venres 3 de xuño
De 11:00h a 14:30h rúa Augusto González Besada, rúa Camilo José Cela, Paseo de Calvo Sotelo, Praza da inmaculada, rúa Bispo Lago e rúa do Foxo.
De 16:00h a 21:00h rúa Porta da Pía, rúa Ordoñez, Cantón de Diomedes e rúa Martínez Padín
A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, sinala que sería moi interesante que o equipo redactar puidese acceder ás vivendas para así poder completar a documentación e seguir avanzando na tramitación do PEPCHA. Sinala que os membros do equipo redactor irán debidamente acreditados. Pola súa parte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, resaltou a importancia da colaboración cidadá na recuperación e posta en valor dun conxunto histórico da importancia do de Tui e na tramitación dun documento clave coma é o Plan Especial.
Os veciños foron informados xa a través dun bando municipal destas visitas, así coma con avisos informativos nos buzóns da vivendas obxecto destes traballos.
Sem comentários:
Enviar um comentário