segunda-feira, 30 de maio de 2016

O Conservatorio e a Escola de Música de Tui organizan un curso de Música en Movemento

Vai dirixido a nenos de 4 a 12 anos que se deberán inscribir ata o próximo martes 31
O próximo martes, 31 de maio, remata o prazo de inscrición para o curso de Música en Movemento organizado polo Conservatorio Profesional de Música e a Escola de Música de Tui. Vai dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Celebrarase os días 27 e 28 de xuño e 4 e 5 de xullo de 11 a 13h. Ten un prezo de 20€.
Este curso está recomendado para promover a adquisición de habilidades de comunicación e interacción social, a través da música e a expresión corporal. Será impartido por profesionais da música, artes escénicas, psicopedagoxía e psicoloxía. 
Os interesados teñen até o próximo martes para formalizar a súa inscrición nas oficinas do Conservatorio de Tui.