Este domingo, 22 de maio, a partir das 12.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, terá lugar o acto de clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación de Pontevedra , organizado pola propia Deputación e a Federación Galega de Patinaxe , en colaboración co Concello de Tui e o Club de Patinaxe Ribex de Tui. Este é o cuarto ano en que Tui acolle este acto de clausura ao ser a tudense a escola máis numerosa da provincia.
As escolas participantes chegarán ata o municipio tudense en vinte autobuses, dende as localidades de Gondomar, Valga, Poio, Catoira, Ribadumia, Goian-Tomiño, Arbo, Moraña, Forcarei, Soutelo de Montes, Vilagarcía, A Guarda, Pontevedra, Soutomaior, Vincios, Crecente e O Rosal, e realizarán diferentes exhibicións dos coñecementos adquiridos ao longo da tempada.
Tras as actuacións de todos os grupos participantes, o acto rematará ás 19.30 horas co desfile final das escolas de Pontevedra e a entrega dos diplomas aos patinadores e patinadoras, así como aos seus monitores e monitoras.
Sem comentários:
Enviar um comentário