Celebrouse a sétima edición de “Tui le” na Praza de San Fernando coa participación de 700 alumnos e 40 profesores de once centros educativos de Tui. Este evento organizado polas bibliotecas escolares xunto ao Concello de Tui.
Participou o alumnado dos CEIP’s nº1, nº2, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, e Rebordáns, o CRA Mestra Clara Torres e os IES’s Indalecio Pérez Tizón e San Paio, xunto ao do Colexio Maristas Santa María e Seminario Menor.
O programa desenvolveuse entre ás 9 e ás 13h ofertando o intercambio de libros, de tal xeito que o alumnado levou un libro que cambiou por outro dos que estaban na praza, un photocall onde os alumnos poderon fotografarse portando lemas sobre a lectura e os libros, e unha exposición de carteis elaborados polos escolares con recreacións da cara de Manuel María. Aactuacións dos distintos centros con dramatización e adaptación de contos, recitado de poemas con acompañamento musical, cancións, danza, biopoesía... Cada centro actuou durante 5 minutos nunha das catro quendas de 60 minutos establecidas.
A celebración do Tui Le estaba prevista para o pasado 23 de abril, Día do Libro, pero tivo que ser adiado pola choiva.
Sem comentários:
Enviar um comentário